LEGENDS, The Home of Football presented by LALIGA, contará na súa colección cunha reliquia de Iago Aspas, histórico xogador do RC Celta. Trátase das botas que o futbolista luciu durante os primeiros partidos da tempada na que o club cumpre 100 anos de vida. Estarán expostas na área que o museo LEGENDS ten reservada para LALIGA, concretamente na zona dos derbis onde xa se exhibe unha camiseta de Aspas.
Na tempada na que o celtismo vístese de gala para festexar o seu primeiro século, LEGENDS únese á celebración do club para inmortalizar a historia, esencia e identidade do RC Celta. Unha peza máis na colección da casa Mundial do Fútbol que permitirá representar aos afeccionados celestes ao longo do tempo.
Marcelo Ordás, presidente de LEGENDS, valorou e recoñeceu durante o acto de entrega desta memorabilia a importancia de contar con obxectos tan prezados que representen ao fútbol español: “Desde LEGENDS agradecemos especialmente ao Celta polo afectuoso recibimento. Pezas históricas como a de Iago Aspas, engrandecen nosa colección e perpetúan para sempre ás nosas lendas de LALIGA”.
Pola súa banda, Iago Aspas quixo resaltar durante o acto: “Para min é un orgullo entregar a LEGENDS as botas coas que empecei esta preciosa tempada e que este o meu nome aí”.
Jorge de la Vega, adxunto á dirección executiva e director de márketing de LALIGA, destacou: “A esencia de LALIGA está en clubs como este e en xogadores como Iago Aspas, que son historia da nosa competición e que nos axudan, estando presentes en LEGENDS, a ser máis fortes e ter unha maior visibilidade”.
LEGENDS, The Home of Football, é un proxecto que integra o patrimonio do fútbol mundial máis importante da historia, con máis de 5.000 pezas. Unha colección que pretende honrar todas as competicións internacionais desde hai máis de 100 anos, entre elas as de UEFA, FIFA, Conmebol ou Xogos Olímpicos, así como de competicións nacionais como LALIGA.