Iago Aspas foi distinguido co XIV Trofeo Manuel de Castro “Hándicap” by ‘Estrela Galicia 2024’. Este destacado recoñecemento, outorgado a través dunha votación conxunta na que participan o primeiro plantel, a prensa e a afección, desígnao como o mellor xogador do RC Celta do ano 2024, escoltado por Óscar Mingueza e Hugo Álvarez. Será o noveno premio do dianteiro moañés, que xa fora galardoado nos anos 2012, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022.
Esta distinción resalta o brillante desempeño ao longo do pasado ano do capitán celeste, que deixou, e segue deixando, unha pegada indeleble na historia do club segundo a valoración unánime da comunidade celtista. Nove goles e dez asistencias en 36 partidos foron os números do canteirán na tempada 23/24 que, unidos á súa calidade, compromiso e esforzo en cada partido, permitíronlle facerse con este merecido premio.
Parabéns, Iago!