Iago Aspas gaña o seu segundo Premio Estrella Galicia da tempada. O canteirán foi elixido polos afeccionados como o mellor futbolista celeste do mes de abril tras impoñerse na fase final da votación a Vicente Guaita e Hugo Álvarez.
“Afección, quería darvos as grazas por axudarme a conseguir este trofeo. Tamén aos meus compañeiros e a Estrella Galicia”, agradeceu Iago ao recibir este recoñecemento. “Estou moi contento e orgulloso porque non só estouno facendo ben eu, é grazas á axuda dos meus compañeiros que podo gañar este trofeo”.
O capitán celeste sinalou que “animicamente o equipo está moi ben, demostrouno estes últimos partidos a pesar de ter algúns momentos adversos” e que este curso pasou demasiado rápido e gustáselle “que durase un pouco máis a tempada para tentar seguir neste estado de forma. Pero, temos que acabar a tempada da mellor forma posible para darlle esa alegría á nosa xente, que a pesar dos momentos malos estivo ao noso lado”. A afección é un piar imprescindible para Aspas, quen recoñeceu que “gran parte do bo futbolista que fun, e que son, foi grazas a eles, porque en momentos de debilidade leváronme a un nivel máis, a esixirme cada día”.