Hemeroteca club

Ilusión e sorrisos na visita do Real Club Celta ao Hospital Álvaro Cunqueiro

RC Celta

hospital281215.jpg

 

Os xogadores do Celta visitaron esta mañá a planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo nunha das tradicións máis emotivas do Nadal celeste. O Real Club Celta e a súa Fundación levaron por primeira vez aos futbolistas ao novo complexo hospitalario para animar con sorrisos e agasallos aos máis de cincuenta nenos que se atopan hospitalizados durante estas festas.

 

Os pequenos recibiron con enorme ilusión a visita de todo o persoal, incluídos técnicos e tamén directivos. Os xogadores asinaron autógrafos e fixéronlles entrega de varios obsequios da Fundación Celta de Vigo.

 

Este emocionante evento é sempre especial para o club e os seus integrantes, quenes gozan levando alegría aos nenos ingresados nunhas datas tan sinaladas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas