Hemeroteca club

Ilusionante visita do Celta á planta de pediatría do Hospital Xeral

RC Celta

visita_hospital_2014.jpg

Os nenos e nenas recibiron aos futbolistas celestes con gran alegría e ilusión

 

A planta de pediatría do Hospital Xeral recibiu esta mañá unha visita moi especial, que xa é tradición durante estas entrañables datas. O plantel do Real Club Celta ao completo e o corpo técnico acudiron este xoves ao hospital vigués, onde os nenos e nenas ingresados recibíronlles con sorrisos e unha enorme ilusión.

Os futbolistas celestes visitaron aos pequenos nas súas habitacións e compartiron momentos moi especiais cos rapaces, aos que entregaron autógrafos e distintos obsequios da Fundación Celta de Vigo, organizadora da visita ao hospital.

Este é un acto moi importante e emotivo para o RC Celta, en especial para os integrantes do primeiro equipo, quenes se declaran tremendamente afortunados pola alegría e ilusión con que os nenos e nenas lles ven.

No acto tamén estiveron presentes Antonio Chaves, director xeral do club; Miguel Torrecilla, director deportivo; Toni Otero, director da canteira; Serafín Alonso, director da Fundación e Atilano Vecino, relacións externas do Celta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas