Hemeroteca celtismo

Imposible Sen Ti: doa sangue e lévate a camiseta de #onosoderbi

RC Celta

doasangue1516web.jpg

 

Galicia necesita cada día 500 doazóns de sangue. Baixo esta premisa e co próximo derbi galego como pano de fondo, RC Celta e RC Deportivo unen as súas forzas para promocionar a doazón de sangue, un acto sinxelo co que se poden salvar moitas vidas.

 

Este mércores 23 de marzo situaranse unidades móbiles de doazón de sangue no Estadio de Balaídos e no Calvario (Rúa Urzaiz, diante do mercado) de 09:30 a 14:00 e de 15:00 a 21:00 horas. Todas as persoas que realicen unha doazón recibirán de agasallo unha camiseta conmemorativa do derbi galego.

 

Para poder doar sangue hai que cumprir unha serie de requisitos como ter unha saúde normal, unha idade de entre 18 e 65 anos ou pesar máis de 50 quilos. É importante non acudir en xaxún e despois de comer ao mediodía esperar polo menos 2 horas para realizar a doazón. Ademais é necesario presentar o cartón de doante, DNI ou documento similar e, se se está tomando ou se tomou recentemente un medicamento dicir o nome deste ou presentar o prospecto.

 

A partir da próxima semana as unidades de doazón de sangue instalaranse nos seguintes puntos de Vigo:

 

Luns 28 de Marzo

Rúa Barcelona (diante do cuartel da Guardia Civil, de 15:30 a 21:00)

 

Martes 29 de Marzo

Teis (Sanjurjo Badía 200, de 15:30 a 21:00)

Rúa do Príncipe (de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00)

 

Mércores 30 e xoves 31 de Marzo

Travesas (Praza América entre Avenida Fragoso e Castrelos, de 15:30 a 21:00)

 

Venres 1 de Abril

O Calvario (Rúa Urzaiz, diante do mercado, de 09:30 a 14:00 e de 15:30 a 21:00)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas