O Celta Fortuna disputará este domingo, 7 de setembro, o seu segundo compromiso ligueiro da tempada recibindo ao CD Guadalaxara no Estadio Municipal de Barreiro ás 14:00 horas. Para este encontro, correspondente á Xornada 2 de Primera Federación, non haberá venda en liña de entradas polo que a adquisición das localidades farase de forma presencial nos despachos de billetes do estadio desde unha hora antes do inicio do partido (13:00h.).
O filial celeste buscará sumar os tres puntos en casa e farao co apoio de toda a afección. Esperámosvos!