Este xoves 19 de agosto abriuse o prazo para que os abonados que o desexen soliciten o cambio de asento, unha xestión que poden realizar até o 25 de agosto acudindo presencialmente aos despachos de billetes do estadio Abanca Balaídos en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 de luns a venres.
O club informa de que, debido ás obras do estadio, as bancadas de Río Baixo e Gol teñen practicamente completa a súa capacidade. Por tanto, as opcións de cambio de asento nestas dúas bancadas son moi escasas.
Lémbrase que existe a opción de solicitar un cambio de asento a outra bancada, abonando ou recibindo a diferenza de prezo entre as bancadas en cuestión.
Durante as mesmas datas, do 19 ao 25 de agosto, o RC Celta reactivou a web rccelta.es/abonados para que aqueles abonados que non puideron xestionar a súa renovación na primeira fase da campaña, poidan facelo agora. O servizo de atención ao celtista Escoitamos está habilitado para atender calquera dúbida ou incidencia en escoitamos.rccelta.es