O Celta B arrinca o seu camiño como local na Primeira División RFEF este sábado fronte ao CD Badajoz (Barreiro, 17.30 horas). Debido ás restricciones de aforo definidas polas autoridades sanitarias, os abonados interesados en asistir ao partido deben solicitar unha entrada a través do seguinte formulario: PINCHA AQUÍ
No caso de que haxa máis solicitudes que aforo dispoñible realizarase un sorteo, priorizando o 50% do aforo para os abonados con maior antigüidade.
Para facilitar a asistencia cun acompañante, o club ofrece a posibilidade de solicitar no mesmo formulario a entrada doutro abonado (terase en conta a antigüidade do abonado que cobre o formulario como primeiro solicitante).
As entradas son nominais e están asociadas ao DNI do titular do abono. No caso do acompañante, na entrada reflíctese o nome e DNI deste último. No acceso ao campo solicitarase o documento de identificación, que debe coincidir co nome reflectido na entrada.
As entradas, un total de 622, poden solicitarse ata as 14:00 horas do próximo xoves 2 de setembro.