deportivo coruña vs fortuna 2023_16x9
Celtismo

Información sobre o acceso dos abonados e venda de entradas para o Celta Fortuna – RC Deportivo

RC Celta

COMPRA AQUÍ TUS ENTRADAS

O vindeiro domingo 28 de xaneiro ás 21:00h. disputarase o Celta Fortuna – RC Deportivo no Abanca Balaídos.

Acceso dos abonados

Os abonados que queiran acudir a este partido, deberán facelo na mesma localización que ocupan para os partidos do primeiro equipo, é dicir, deberán acceder pola mesma porta e ocupar a súa localidade habitual.

Hai que puntualizar que ao coincidir o partido en día co Celta – Girona, os abonados deberán de acceder de forma independente aos dous partidos co seu carné, nos horarios fixados para cada un, non podendo permanecer no interior do estadio entre un partido e outro.

Preferencia de compra e desconto de ata o 60% para os abonados que queiran levar a un acompañante.

Os abonados que queiran comprar unha entrada adicional para un acompañante (nas zonas dispoñibles), poderán facelo con preferencia e en exclusiva ata este venres 19 de xaneiro ás 12:00 horas.

Ademais, poderán comprar a entrada para o acompañante cun desconto de ata o 60% a través da nosa web. Para beneficiarse desta promoción, os abonados tan só terán que acceder á venda en liña de entradas, seleccionar unha localidade e introducir a súa IDE e PIN na pestana “Aplica as túas promocións e descontos”.

Código de desconto para os compradores do RC Celta – Girona ata este venres.

Os celtistas que compren ou comprasen a súa entrada para o RC Celta – Girona ata o vindeiro venres 19 de xaneiro ás 12:00 horas, recibirán a partir desa mesma data no seu email, un código de desconto de ata o 60% para comprar entradas para o Celta Fortuna – RC Deportivo a través da nosa web.

Entradas de público xeral para Celtistas

Os Celtistas que queiran comprar entradas para este partido, poderán acceder á compra para partir do venres 19 de xaneiro ás 12 horas a través da nosa web.

Lembramos aos afeccionados do RC Deportivo, que para conseguir entradas de visitante deberán de poñerse en contacto co seu club.

Por razóns de seguridade, o RC Celta resérvase o dereito de non permitir o acceso a afeccionados do equipo rival que teñan entrada noutra zona que non sexa a destinada para a afección visitante.

Vémonos, afección. Ala Celta!

COMPRA AQUÍ TUS ENTRADAS

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas