
A Fundación Celta presenta unha nova edición do Torneo de Pádel Club Celta Empresas, unha cita deportiva que volve reunir a aficionados e xogadores de pádel nun evento pensado para competir, compartir e disfrutar deste deporte.
O torneo celebrarase do 20 ao 22 de marzo e do 27 ao 29 de marzo de 2026. As inscricións estarán abertas ata o sábado 15 de marzo e poderán realizarse AQUÍ. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, levarase a cabo o sorteo e a elaboración dos cadros de competición. A partir dese momento, todos os participantes poderán recoller o seu Welcome Pack, que incluirá camiseta, bolsa e outros agasallos.
O campeonato contará con diferentes categorías de xogo. En masculino e feminino disputarase as categorías 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 5ª, mentres que na modalidade mixta haberá categorías 2ª e 4ª, permitindo así a participación de xogadores de distintos niveis.
O prezo de inscrición será de 27 euros para o público xeral e de 23 euros para socios de iPadel, membros de Celta Empresas ou xogadores inscritos en dúas categorías.
A organización preparou ademais premios para campións e subcampións en todas as categorías, valorados en máis de 4.000 euros, que incluirán viaxes, material deportivo e outros agasallos.
Co respaldo do club, este torneo reafirma o compromiso da Fundación Celta coa promoción do deporte e coa creación de espazos de encontro entre empresas, deportistas e aficionados.
Desde a organización queren agradecer o apoio das marcas e colaboradores que fan posible esta competición: Estrella Galicia, ABANCA, hummel, JP Financial, Óptica Diagonal, La Mafia Se Sienta A La Mesa, Scientiffic Nutrition, Coca-Cola, Grupo Eurobanan, CDEC Group e VB Group, entre outros partners que contribúen ao desenvolvemento desta iniciativa deportiva.