Hemeroteca club

Intensa xornada de fútbol para vivir “O Noso Derbi”

RC Celta

Foto_Derbi_Artistas.jpg

 

 

A iniciativa “Imposible sen ti” continúa desenvolvendo actividades tras o enorme éxito obtido coa campaña de doazón de sangue. Para este sábado organizouse un interesante encontro entre artistas galegos que terá lugar nas instalacións deportivas do Real Club Celta na Madroa. O encontro terá lugar ás 12 da mañá.

 

O encontro reunirá a actores e xornalistas galegos, todos eles seguidores de ambos os equipos. Entre os participantes atópanse, entre outros, Javier Veiga, Monti Castiñeiras e Carmen Méndez que xogarán polo Celta e Marcos Pereiro, Federico Pérez e Quico Novoa que farán o propio polo Deportivo da Coruña. Este partido, ideado para evidenciar unha vez máis a boa relación entre ambas as institucións, xa se disputou na primeira volta con motivo do partido de ida en Riazor. Tras a actividade, os participantes presenciarán xuntos o encontro en Balaídos.

 

Ademais, coincidindo coa 31ª xornada de liga en Primeira División disputarase ás 16:30 horas outro derbi entre Celta e Deportivo, neste caso en categoría xuvenil. Separados por tan só un punto, ambos os conxuntos pelexarán na Madroa por un posto na parte alta da táboa clasificatoria.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas