É momento de responsabilidade e unión. É momento de seguir as indicacións das institucións e coidar os uns dos outros. Porque isto tamén é ‘afouteza’! Xuntos somos máis fortes e xuntos superaremos esta situación.
O RC Celta anima a todos os seus afeccionados e á sociedade en xeral a cumprir e respectar as medidas que as autoridades vaian tomando, así como a tomar todas as precaucións necesarias para contribuír na contención da expansión do COVID-19. A continuación ofrécense ligazóns con información de interese, incluída unha sección de FAQs do RC Celta relacionado coa situación de alerta sanitaria: