O centrocampista celeste Mathias Jensen, presentado esta mañá e A Sede polo vicepresidente do RC Celta, Pedro Posada, e o director deportivo do club, Felipe Miñambres, destacou que elixir ao Celta “non foi difícil” e subliñou que “cando me decatei do interese do Celta, souben que era o equipo para o que quería xogar”.
Tras afirmar que espera estar totalmente recuperado da súa lesión nunha semana, indicou que “a maioría dos xogadores daneses son técnicos no xogo, como eu. O Celta é o club perfecto para min”. Sobre a gran expectación que xerou a súa posible chegada sinalou que “as miñas redes sociais están cheas de comentarios. Sentía que a afección queríame e iso tamén axudou. Esta é a unión perfecta”.