O RC Celta incorpora, dentro dunha ampla restructuración posta en marcha hai unhas semanas por Marián Mouriño, un CEO Corporativo, José Gainzarain, que liderará desde o día 1 de outubro a área que abarca todas as estruturas do club non relacionadas coa actividade deportiva.
José Gainzarain, que exerceu de director xeral de Delikia, ata a súa incorporación ao RC Celta, é licenciado en Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo. ·É ademais socio de Gainza, empresa de consultoría especializada en asesoramento e finanzas corporativas desde o ano 2008 e desenvolveu funcións de CEO en diversas firmas cun notable éxito.
Ademais de exercer como director xeneral de Delikia, desempeñou a mesma función na empresa Kauman, e tamén ocupou cargos de relevancia en Cupa Group, Selmark Lingerie e Grupo Copo.
Desempeñou as súas funcións en España, Brasil, EEUU e Reino Unido.
Esta reestruturación da entidade celeste contempla dúas grandes áreas, a deportiva, con Luís Campos e Rafa Benítez á cabeza, e a non deportiva, na que Jose Gainzarain exercerá as súas funcións como CEO Corporativo e ambas dependerán de maneira directa de Marián Mouriño.
O novo organigrama do club, aínda en fase de desenvolvemento, contempla a unificación de as direccións en 3 grandes áreas: Área de Administración, Finanzas e RSC, liderada por María José Herbón, Área de Operacións e Relacións Institucionais, con Carlos Cao como director, e área de Negocio.
Ademais, Gael García incorpórase desde Marketing como responsable de contidos, Enrique Díaz, relacionado nos últimos anos con labores externos de seguridade, exerce como responsable desta área e David González amplía as súas funcións á área social e asume a relación coas peñas, tarefa que ata a data recaía na Fundación. Mantéñense os departamentos de Comunicación, Marketing, Sistemas e Comercial, entre outros xa existentes, co seu funcionamento habitual.
A canteira, unha área crave para a entidade, segue coordinada por Álex Otero, Michel Martínez e Edu Covelo, quenes contan cunha longa traxectoria e ampla experiencia na planificación, xestión e coordinación das categorías inferiores celestes.