Julio Vargas, do Real Club Celta, recibiu en Madrid o galardón ao mellor director de Seguridade da LFP tras a votación dos directores desta área de Primeira e Segunda División. Julio Vargas foi designado como mellor director de Seguridade da LFP por unha ampla maioría dos responsables deste departamento dos clubs das dúas primeiras categorías do fútbol español, que recoñeceron desta maneira o gran traballo que realizou no RC Celta.
O director de Seguridade celeste xa gozou días atrás dun importante recoñecemento, xa que recibiu na Academia de Seguridade de Galicia, na Estrada, a Mención Honorífica Tipo A de a Guaria Civil, máxima distinción que concede o instituto armado a un director de seguridade en España.
O responsable celeste xa fora condecorado no ano 2014 coa máxima distinción que concede o Corpo Nacional de Policía e converteuse no primeiro director de Seguridade dun club deportivo que recibe ambas as distincións en España.