O RC Celta, a través da Fundación Celta, levou a cabo con éxito un curso interno sobre “A Caixa Torácica”. Esta formación, que se celebrou os días 10 e 11 de xuño na Cidade Deportiva Afouteza, tivo unha duración de 15 horas e estivo dirixido a fisioterapeutas e readaptadores do club, desde o primeiro equipo ata o fútbol base.
O curso centrouse nun enfoque integrativo que considera o patrón neurolóxico determinado polo cerebro humano e a súa influencia na percepción da contorna e a resposta ao movemento. Fíxose fincapé na importancia de traballar a respiración para modificar as presións intratorácicas, permitindo así ao sistema nervioso central percibir opcións de movemento seguras e facilitar o acceso a rangos de movemento que optimizan a función e melloran o rendemento.
O RC Celta congratúlase de impulsar a formación interna e agradece a participación da destacada profesora Ana Sánchez del Valle, procedente de Lugo, quen achegou valiosos coñecementos e experiencia no tema.