LaLiga informou este martes aos clubs que as próximas dúas xornadas do campionato disputaranse a porta pechada debido ao coronavirus. O RC Celta recibe este sábado ao Vilarreal e visita a próxima semana ao Real Valladolid. Aqueles afeccionados que comprasen unha entrada para o partido ante o Vilarreal poderán recuperar o diñeiro desde mañá mércores nas billeteiras do estadio ABANCA Balaídos en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.