LaLiga Genuine regresa este sábado 20 de xaneiro coa celebración da segunda fase do campionato en Tarragona. O equipo Fundación Celta Integra triunfou na xornada inaugural que tivo lugar o pasado mes de outubro en Villarreal cun pleno de vitorias ante Huesca, Girona e Levante. Os celestes mediranse este fin de semana á Valencia, Rayo Vallecano e Espanyol co obxectivo principal de seguir sendo un equipo exemplar en canto comportamento e actitude, motivo de orgullo para o RC Celta e a súa afección.
LaLiga Genuine é unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación. O proxecto consiste nunha liga de fútbol integrada por equipos do colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual), e que contou desde a súa fundación co compromiso do fútbol profesional con este proxecto socialmente responsable. A fase final do campionato celebrarase en Vigo do 8 ao 10 de xuño.
FASE 2 – LALIGA GENUINE
Valencia-Celta | 20 de xaneiro | 11:00
Celta-Rayo | 20 de xaneiro | 17:00
Espanyol-Celta | 21 de xaneiro | 11:00