laliga-santander-fest-web.jpg
Novas club

‘LaLigaSantander Fest’ une música e deporte para vencer ao COVID-19

RC Celta

A prórroga do estado de alarma decretado polo Goberno a causa do COVID-19 supón que os españois deban permanecer, polo menos, tres semanas máis sen saír dos seus fogares. Neste contexto, LaLiga, en colaboración con Banco Santander, Universal Music e o resto dos seus patrocinadores, xogadores, clubs, artistas e GTS, puxeron en marcha a iniciativa ‘LaLigaSantander Fest’. Trátase do primeiro festival benéfico de impacto mundial que busca recadar fondos para adquirir produtos necesarios para combater a pandemia do COVID-19 e que se canalizarán seguindo as prioridades sanitarias do Goberno, en coordinación co Consello Superior de Deportes (CSD). A cita unirá por primeira vez a 20 artistas de primeiro nivel de forma virtual e contará coa presenza de futbolistas de todos os clubs de LaLigaSantander.

Este festival solidario emitirase o vindeiro sábado 28 de marzo, a partir das 18.00 horas, para os afeccionados de todo o mundo. Un total de 20 artistas nacionais e internacionais da talla de Alejandro Sanz, David Bisbal, Aitana, Sebastián Yatra ou Antonio Orozco, nunca antes xuntos nunha mesma iniciativa, participarán neste gran concerto. Xunto a eles estarán 20 futbolistas de equipos de LaLigaSantander, que non dubidaron en sumarse a esta iniciativa posta en marcha pola asociación de clubs. Todos eles participarán desde os seus respectivos fogares. O concerto emitirase simultaneamente en todos os países do mundo e poderá seguirse a través de todas as canles de LaLiga e da plataforma LaLigaSportsTV, así como pola canle Movistar LaLiga.

Este concerto chega xusto unha semana despois de #LaLigaSantanderChallenge, o reto virtual que o influencer Ibai Llanos lanzou a todos os clubs de LaLigaSantander para que xogasen un torneo de FIFA20. O torneo, que se disputou de venres a domingo, recadou máis de 142.000 euros, que se destinarán a UNICEF para axudar na loita contra o COVID-19.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas