A centrocampista, Lara Martínez Velázquez (27 de decembro do 2000), convértese na nova xogadora de As Celtas.
Natural de Vigo, Lara chega ao RC Celta despois dunha destacada traxectoria deportiva en diferentes equipos como o Atlántida Matamá, o Viaxes Interrías, PM Friol, Real Unión de Tenerife ou o S.E.A.AEM de Lleida.
Ao longo da súa carreira, Lara demostrou ser unha xogadora de gran talento. No seu palmarés conta cunha Copa Deputación de Pontevedra e unha Copa Vigo. Ademais, formou parte do equipo do Atlántida Matamá que logrou o ascenso ao Reto Iberdrola na tempada 2018/19.
A súa calidade como futbolista foi recoñecida en diferentes ocasións, sendo nomeada mellor xogadora da Vigocup nas tempadas 2019/20 e 2021/22 e mellor mediocentro esquerda galega na tempada 2018/19. Ademais, en 2016 foi convocada pola selección absoluta de Galicia.
Con esta incorporación, As Celtas suma unha nova peza ao seu proxecto. Benvida, Lara!