Hemeroteca celtismo

LIGA | Xa á venda as entradas para o Celta-Sevilla

RC Celta

wass-john-celpao1617.JPG

 


MERCA AS TÚAS ENTRADAS AQUÍ


 

O Celta afronta a próxima semana un partido de máxima esixencia ante o Sevilla FC, un dos equipos punteiros da tempada. Os de Berizzo fixeron de Balaídos un fortín e ante o cadro hispalense buscarán a súa sexta vitoria ligueira consecutiva en casa. Sen dúbida moitos alicientes para o que, ademais, será o último choque de Liga do ano no estadio celeste.

 

As entradas para o partido (domingo 11, 16:15, Balaídos) oscilan entre os 30€ e os 60€ en categoría ‘Adulto’ e entre 20€ e 35€ para Sub-25. O club anima a todos os afeccionados e abonados a acudir ao estadio para empuxar ao equipo cara a un triunfo que permita pechar o ano na parte alta da táboa.

 

As entradas xa están dispoñibles nos despachos de billetes de Balaídos, abertas durante o mes de Decembro de luns a venres en horario ininterrompido de 10 a 20 horas e na web www.celtavigo.org/taquillaCelta. O día do partido as billeteiras abren dende as 10 horas ata o inicio do encontro.

 

preciosceltasevilla031216.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas