Antes do partido do luns ante o Valladolid gardarase un minuto de silencio na súa memoria
O Real Club Celta quere expresar o seu profundo pesar e consternación polo falecemento do que fora xogador celeste entre os anos 1992 e 1995 Francesc Vilanova Bayo. O club quere transmitirlles a súa familia e amigos o seu máis sentido pésame por esta dolorosa perda, así como trasladarlles unha afectuoso aperta. Antes do comezo do partido deste luns ante o Real Valladolid en Balaídos gardarase un minuto de silencio na súa memoria e os xogadores do Real Club Celta levarán brazaletes negros.