ESCUDO-1300x400-02
Centenario

A xornalista e escritora Lucía Taboada, Embaixadora do Centenario do RC Celta

RC Celta

Enorme paixón polo RC Celta e unha gran xenerosidade para exhibir este sentimento en calquera foro e lugar, de palabra e en papel. A xornalista e escritora Lucía Taboada é a cuarta Embaixadora do Centenario do RC Celta tras os nomeamentos de Eusebio Sancristán, Michel Salgado e Gonzo.

Lucía Taboada é habitual en programas da Cadena Ser e columnista en medios como El País ou o Diario As e en todos eles fai gala do seu celtismo: “son do Celta e punto”. A súa publicación ‘Como sempre, o de sempre’, un libro sobre o Real Club Celta, foi galardoado co Premio Panenka ao libro do ano e aí verte por completo o seu amor polo escudo celeste, que forma parte do seu ser desde que ten uso de razón.

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas