Pesar no Real Club Celta polo falecemento nas últimas horas do que fose directivo do club entre os anos 1978 e 1984 José Carlos Lemos Domínguez. O Real Club Celta quere expresarlle a familiares e amigos o seu máis sentido pésame e enviarlle unha afectuosa mensaxe de ánimo. No próximo partido do equipo celeste en Balaídos, o sábado 22 de febreiro ante o Getafe, gardarase un minuto de silencio en memoria José Carlos Lemos.