Hemeroteca celtismo

Máis de 1.800 celtistas xa se abonaron a unha tempada histórica

RC Celta

carnéafouteza.jpg

p>

 

O Celta regresa a Europa e ningún celtista quere perderse este ansiado retorno a unha competición continental. A ilusión ante a chegada dunha nova e histórica tempada vese reflectida nas destacadas cifras rexistradas nos primeiros días da Campaña de Abonados 2016/17, nos que se tramitaron máis de 1.500 renovacións e unhas 300 altas.

 

Máis de 1.800 afeccionados celestes apresuráronse a xestionar o seu carné canto antes para así gozar das vantaxes que ofrece abonarse en xuño: desconto do 5% nas renovacións e sen ‘Días do Club’ tanto para renovacións como para novas altas. Ademais mantéñense as habituais rebaixas a familias e accionistas até un máximo final do 15% de desconto.

 

Especial interese espertou a posibilidade de pagar o carné en cómodas cotas. A Campaña de Abonados 2016/17 ofrece a posibilidade de financiar o abono até en 12 meses presentando o DNI e o xustificante de titularidade de conta de calquera entidade bancaria.

 

O club lembra que, ademais de en os despachos de billetes, abertas de luns a venres en horario de 09:00 a 20:00 horas, renovacións e altas do Abono Total poden realizarse sen necesidade de desprazarse a Balaídos a través da web www.celtavigo.org/abonosCelta 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas