Hemeroteca celtismo

Máis de 500 entradas vendidas para o partido ante o Atlético de Madrid

RC Celta

FONTAS_ATL-CEL_1314.jpg

Moita actividade nas oficinas de abonados nos primeiros días de venda de billetes

 

Poucos días despois da súa posta a disposición dos afeccionados e a falta de máis dunha semana para o partido, xa se despacharon un bo número de entradas nas oficinas de abonados para o apaixonante encontro do sábado 8 de marzo ante o Atlético de Madrid (Balaídos, 20.00 horas). Vendéronse máis de 500 billetes para ese interesante choque ante un dos grandes equipos da liga.

 

O club mantén para este esixente partido ante os branquivermellos os prezos habituais co fin de xerar un bo ambiente no estadio e multiplicar o necesario apoio ao equipo ante un complicado rival. Ademais, como agradecemento ao exemplar apoio dos abonados, este partido non foi designado como ‘Día do Club0, polo que esta tempada só haberá dous partidos con esa ‘etiqueta’.

 

Os seguidores Sub-24 poden comprar billetes por un custo de entre 15 e 25 euros, mentres que para os adultos o prezo oscila entre os 25 e os 50 euros. As entradas poden adquirirse na oficina de abonados de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o despacho de billetes virtual (www.celtavigo.org/taquillaCelta) permanece operativa as 24 horas do día.

 

 

 

ENTRADAS

ADULTO

SUB 24

TRIBUNA

50

NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

40

25

RÍO BAIXO

40

25

PREFERENCIA

35

15

GOL

25

15

MARCADOR

25

15

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas