COMPOSITE COMERCIAL_MAIS ENERXIA
Novas club

Máis Enerxía Galega, patrocinador oficial de As Celtas  

RC Celta

Máis Enerxía Galega convértese en novo patrocinador oficial de As Celtas na súa emocionante primeira tempada. A compañía galega, líder no sector de luz e gas a nivel nacional, únese ao proxecto máis ilusionante do curso, achegando a súa enerxía e compromiso co deporte galego.

O logotipo de Máis Enerxía Galega estará presente na vestimenta oficial de As Celtas, ocupando un lugar destacado na parte frontal das camisetas de adestramento e nos pantalóns de xogo. Ademais, a súa presenza abarcará diversos soportes oficiais do club, incluíndo as redes sociais e contidos exclusivos que se difundirán ao longo da tempada. Máis Enerxía Galega tamén será responsable da iluminación na Madroa e Abanca Balaídos, iluminando o camiño cara ás vitorias celestes.

Máis Enerxía Galega naceu en Galicia hai unha década e evolucionou ata converterse actualmente na principal compañía galega de luz e gas a nivel nacional. As Celtas é un soño para o RC Celta e para o celtismo e que compañías da nosa terra, e de tal envergadura, fíxense, apoien e fagan crecer o futbol feminino galego, é todo un orgullo para o club.

Xuntos, e baixo o compromiso de continuar expandindo os valores, as raíces, a tradición e o sentimento celeste, As Celtas e Máis Enerxía Galega inician da man unha tempada para a historia.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas