A metraxe resalta o profundo significado do lema celeste para esta tempada: “Orgullosos Do Noso”
Os afeccionados célticos xa poden visionar o vídeo de presentación do primeiro equipamento oficial 2013/2014, deseñado pola firma alemá adidas. A espectacular peza audiovisual, que conta coa participación dos xogadores do primeiro equipo Hugo Mallo, Charles e Santi Mina, ten como un protagonista máis ás Illas Cíes, un dos escenarios naturais máis impresionantes de Galicia cuxa elección, sumada ao argumento do anuncio, pretende resaltar o profundo significado do lema celeste para a nova tempada: “Orgullosos do Noso”.
O vídeo, realizado pola empresa galega GF-Studio, xa está dispoñible en CeltaTV: http://t.co/wdZ6rMw867