Os afeccionados do RC Celta poderán gozar este xoves dun invitado de excepción no ciclo de charlas ‘Fútbol de Salón’ organizado polo club celeste e a Fundación. Marcelino García, exentrenador de Valencia, Vilarreal, Zaragoza ou Sporting entre outros, compartirá no Salón Rexio de A Sede a súa visión sobre o fútbol actual.
O técnico estará acompañado nunha mesa redonda por Eduardo Covelo, director de canteira do RC Celta, Onésimo Sánchez, adestrador do filial celeste, e Milorad Ratkovic, membro da secretaría técnica do club.
O míster asturiano será o cuarto adestrador de prestixio que se pasa polas charlas ‘Fútbol de Salón’ tras os relatorios de Eusebio Sancristán, Jorge Valdano e Vicente do Bosque.
A cita é este xoves 12 de marzo a partir das 20.00 horas no Salón Rexio. A entrada é libre para todos os públicos até completar capacidade e poderase acceder ao salón a partir das 19.30 horas.