Marco Garcés, director de fútbol do RC Celta, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa no Salón Regio de A Sede para analizar a recentemente finalizada tempada e o actual mercado de fichaxes. Durante a súa intervención, Garcés destacou a importancia da canteira celeste e anunciou que xuvenís ascenderán definitivamente á Celta Fortuna o próximo curso. Respondeu, tamén, a todas as preguntas dos medios, abordando temas como as posibles chegadas e saídas, a situación dos xogadores cedidos e a aceleración de procesos.
Escoita todas as súas declaracións!