María 16x9
O Club

María Figueroa nova fichaxe de As Celtas

RC Celta

María Figueroa Rodríguez (13 de setembro do 2002) convértese na sexta xogadora confirmada de As Celtas. A defensa de 21 anos chega procedente do Viaxes Interrías onde disputou a tempada 23/24.

Natural de Redondela, comezou a súa traxectoria deportiva con tan só 3 anos no Grupo Casa Paco 81. Ese sería o inicio dunha extensa carreira na que militou en diferentes equipos como o CD Choco ata cadetes, o Atlántida de Matamá durante a tempada 18/19, o Viaxes Interrías na 19/20, no Deportivo Abanca na 20/21 e 21/22, no Sárdoma CF na temp. 22/23 e, finalmente, regresou ao Viaxes Interrías o ano pasado.

María conta cunha importante traxectoria no fútbol profesional chegando a debutar na Primeira División Feminina co Deportivo na tempada 2020/21 e disputar a Copa da Raíña co Viaxes Interrías a campaña pasada.

O RC Celta recibe á nova integrante de As Celtas onde reforzará a defensa do conxunto celeste.

Benvida, María!

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas