- María Nogueira Gil (6 de decembro do 2000) é a nova fichaxe de As Celtas. A centrocampista de 23 anos chega procedente do Victoria CF onde militaba desde o 2015.
Natural de Santiago de Compostela, a súa traxectoria deportiva transcorre por diferentes equipos como o Belvís, o Cacheiras e o Victoria Cf. Novo promesa do fútbol, asinou unha gran tempada no curso 2023/24 con máis de 1700 minutos disputados e once goles anotados que avalan a calidade e definición dunha xogadora que leva o carácter competitivo no sangue.
As Celtas suman unha nova integrante que achegará puntería e fortaleza a un equipo que aos poucos está a ultimar o seu primeiro plantel.
Benvida, María!

Novas club