ESCUDO-1300x400-01
O Club

Marián Mouriño deseña un novo consello de administración para o seu nomeamento na Xunta Xeral de Accionistas

RC Celta

escudo-celta-comunicado-new

A presidenta en funcións do RC Celta, Marián Mouriño, deseñou un novo consello de administración cun total de sete integrantes, cuxo nomeamento será sometido a votación na Xunta Xeral de Accionistas que se celebra o próximo 12 do presente mes no Salón Rexio da Sede.

O novo consello de administración incorpora un maior número de conselleiros independentes; son profesionais, empresarios e deportistas, cunha longa traxectoria profesional e empresarial nos seus respectivos ámbitos, que achegarán a súa experiencia e a súa visión para fortalecer a gobernanza corporativa do RC Celta.

Os integrantes do consello que votará a Xunta de Accionistas son os seguintes:

– Sergio Álvarez, ex gardameta celeste e cofundador da Escola de Porteiros Sergio Álvarez, da Fundación Celta.

– Antón Álvarez, Senior Advisor de Evercom, axencia creativa de márketing e comunicación, Trascendent, consultora estratéxica de sustentabilidade e impacto e Unlimited Spain, aceleradora de startups de impacto.

– Carmela Cuevas, responsable de Control de Xestión Comercial Zara – Inditex e Business Angel en Velca.

– José Manuel Amoedo, socio fundador do bufete Amoedo & Lago Avogados e socio titular en Pontevedra do despacho colectivo Eurix Avogados AIE.

– José Álvarez, socio fundador e CEO de Grupo Femxa Formación e Emprego e socio fundador de Ideaspropias Editorial, Ideaspropias Publicidade, Activa Formación, Adquiro Servizos Integrados, Nred Solucións Formativas, Femxa Formación, Green Venture Labs, Apunto 21, Learning and Support Services, FollowUP & Control, Green Smart Ventures.

– Xisela Aranda, ex futbolista e ex campioa de España e Galicia de squash.

– Miguel Álvarez, Socio Director de Marcapital Ventures, empresa que inviste en startups tecnolóxicas en finanzas, alimentación, mobilidade eléctrica e deporte, socio fundador e administrador de Norfood, S.L. investidor, conselleiro, interim manager e/ mentor en dez startups, conselleiro, membro do Comité de Dirección e responsable de Estratexia en BMC Estudo & Contract.

Toda a información e documentación relativa ao Novo Consello de Administración está dispoñible AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas