- José Maroto e Manuel Villanueva incorpóranse á proposta de renovación do órgano de goberno do Celta, que se someterá a votación o vindeiro 20 de outubroA presidenta do Celta, Marián Mouriño, propón a renovación do consello de administración do club, cuxo nomeamento se someterá á aprobación da Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas, que se celebrará o vindeiro martes 20 de outubro no Salón Rexio de A Sede.A proposta incorpora a José Maroto, empresario costarriqueño cunha ampla traxectoria no ámbito empresarial e na xestión deportiva, e a Manuel Villanueva, xornalista e comunicador galego cunha dilatada experiencia na industria audiovisual. Ambos se incorporan a esta proposta de renovación do consello, que se someterá a votación dos accionistas.
Estes cambios prodúcense tras a saída de Xisela Aranda e a non continuidade de José Álvarez unha vez remate o seu mandato actual. O club quere agradecerlles a ambos a súa dedicación, compromiso e implicación durante estes últimos anos como membros do consello, así como a contribución realizada ao desenvolvemento do proxecto do Celta durante esta etapa.
A nova configuración busca reunir perfís profesionais complementarios, con experiencia en ámbitos como a xestión empresarial, a comunicación, o deporte e o desenvolvemento estratéxico, que contribúan ao crecemento e á consolidación do proxecto do Celta. Continúase apostando por un consello con perfís diversos e experiencia contrastada nos seus respectivos sectores:
- – Sergio Álvarez, exgardameta celeste e cofundador da Escola de Porteiros Sergio Álvarez, da Fundación Celta.
– Antón Álvarez, Senior Advisor de Evercom, axencia creativa de mercadotecnia e comunicación, de Trascendent, consultora estratéxica de sustentabilidade e impacto, e de Unlimited Spain, aceleradora de startups de impacto.
– Carmela Cuevas, responsable de Control de Xestión Comercial de Zara (Inditex) e business angel en Velca.
– José Manuel Amoedo, socio fundador do bufete Amoedo & Lago Abogados e socio titular en Pontevedra do despacho colectivo Eurix Abogados AIE.
– José Maroto, empresario costarriqueño, cofundador de Mayca S.A., propietario do Sporting FC, equipo da Primeira División de Costa Rica, e con experiencia en investimento, servizos de alimentación e xestión deportiva.
– Manuel Villanueva, xornalista galego con máis de 40 anos de traxectoria profesional, considerado un dos principais directivos da televisión en España tras liderar durante máis de dúas décadas a dirección xeral de Contidos de Mediaset España. Posúe unha dilatada experiencia na xestión de contidos audiovisuais, prensa escrita, radio, docencia e publicación editorial.
– Miguel Álvarez, CEO de Grupo GES Industrial, socio director de Marcapital Ventures S.L. e Norfood S.L., investidor en startups, conselleiro do Club Financiero de Vigo S.A. e patrón da Fundación Celta.
A composición definitiva deste novo consello de administración quedará suxeita á aprobación dos accionistas na Xunta Xeral do vindeiro 20 de outubro, convocada para as 19:00 horas en A Sede, en Vigo.
Información e documentación relativa á proposta de renovación do Consello de Administración disponible AQUÍ
