16-9 (1)
As Celtas

Marta Castillo, primeira xogadora de As Celtas convocada coa Selección Española

RC Celta

Marta Castillo, xogadora do filial celeste, foi convocada coa Selección Española Sub-16 para participar nas sesións de adestramento do combinado nacional do 8 ao 11 de setembro nas lnstalaciones Federativas de Las Rozas.

Trátase de todo un fito no Celta, xa que é a primeira vez na historia que unha xogadora de As Celtas é chamada pola selección nacional, un recoñecemento que pon en valor o talento e a proxección existente en todas as categorías da base. Esta non é a súa primeira experiencia internacional xa que foi convocada por España o pasado mes de xuño.

Marta comezou a súa traxectoria deportiva con tan só 7 anos e, tras pasar polo Covelo e a Cañiza CF, este verán incorporábase ao conxunto celeste na súa posición de mediocentro.

Sen dúbida, a xogadora atópase nun gran momento deportivo e este ano achegará todo o seu talento a As Celtas B.

Parabéns, Marta!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas