MARTIN_DELAPUENTE_16-9
Novas club

Martín de la Puente fará o saque de honra no RC Celta – Real Valladolid

RC Celta

Recentemente chegado de París coa súa medalla de bronce, Martín de la Puente será o encargado de facer o saque de honra no encontro entre o RC Celta e o Real Valladolid, correspondente á Xornada 5 de LALIGA EA SPORTS, este domingo, 15 de setembro, ás 14:00h.

O tenista paraolímpico estará en Abanca Balaídos despois de facer historia nos Xogos Paraolímpicos de París 2024 tras lograr o primeiro metal para a delegación española en dobres de tenis sobre cadeira de rodas xunto ao seu compañeiro, Daniel Caverzaschi. Natural de Vigo e celtista confeso, é un gran orgullo para o RC Celta contar coa presenza dun deportista olímpico acompañando ao equipo e á afección celeste nunha nova xornada.

Vémonos o domingo!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club

Noticias recomendadas