DONAROSARIO
O Club

Mexillóns Doña Rosario convértese en provedor oficial do Celta

RC Celta

O Celta e Mexillóns Doña Rosario alcanzaron un acordo de colaboración polo que a empresa galega de conservas gourmet se converte en provedor oficial do club. Esta alianza une dúas entidades profundamente vinculadas a Galicia e á defensa dos valores, a tradición e o orgullo polo propio.

Nacida en Vilaxoán e estreitamente ligada á ría de Arousa, Mexillóns Doña Rosario aposta por un produto de máxima calidade e polo coidado de todo o proceso, desde o cultivo do mexillón en batea ata a súa selección e elaboración. A compañía traballa con produto propio e basea a súa filosofía nunha esixente selección de cada peza: só un de cada 10.000 mexillóns chega a cumprir os criterios necesarios para formar parte das súas conservas.

Con esta colaboración, os produtos de Mexillóns Doña Rosario estarán presentes en diferentes espazos e accións vinculadas ao Celta, achegando á familia celeste o sabor dun dos produtos máis representativos das Rías Baixas.

O acordo reforza ademais o compromiso do Celta coas empresas galegas e con aquelas compañías que, como Mexillóns Doña Rosario, traballan para poñer en valor o produto e a identidade de Galicia dentro e fóra das nosas fronteiras.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas