Gustavo Cabral entregoulle unha camiseta asinada polos integrantes do primeiro plantel
O xogador do Real Club Celta Gustavo Cabral e unha representación do club visitaron esta tarde nunha clínica viguesa a Iván Rey, porteiro xuvenil do Sárdoma B, quen a pasada fin de semana sufriu un forte golpe no transcurso dun partido que a piques estivo de custarlle a vida.
O novo porteiro recibiu unha camiseta asinada por todo o plantel celeste e o agarimo e ánimos dos representantes celestes. O club deséxalle ao gardameta unha pronta e completa recuperación.