Os prezos mantense: entre 25 e 50 euros para adultos e entre 15 e 25 euros para Sub-24
Tras deixar boas sensacións nas últimas xornadas, o primeiro equipo afronta o obxectivo de atopar o camiño cara á vitoria no seu propio feudo, Balaídos. O conxunto celeste enfróntase na décimo terceira data ligueira ao Rayo Vallecano (sábado, 22:00 horas) que, a pesar de converterse no ‘faroliño vermello’ tras a súa axustada derrota ante o Real Madrid, é unha escuadra que demostrou ser un rival moi difícil de superar. O apoio do celtismo na bancada, constante e exemplar, será indispensable unha vez máis para insuflar aos xogadores célticos dunha motivación extra, algo que á afección celeste dáselle moi ben.
Para este partido o club mantén os prezos de anteriores partidos ligueiros no estadio vigués. Os adultos poden adquirir entradas de 25 a 50 euros, mentres que os afeccionados máis novos poden acudir a este encontro por prezos desde tan só 15 euros. O club anima a todos os afeccionados e abonados a acudir a Balaídos para empuxar ao equipo cara á súa primeira vitoria en casa esta tempada e a unirse no himno ‘a capella’ e ao corear a aliñación celeste.
As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou nos despachos de billetes do estadio o sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 até o inicio do encontro. Ademais as entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |