Hemeroteca celtismo

Merca a túa entrada e ven animar ao Celta ante o Rayo Vallecano!

RC Celta

dibujo_rosendo_celta-rayo.jpg

Os prezos mantense: entre 25 e 50 euros para adultos e entre 15 e 25 euros para Sub-24

 

Tras deixar boas sensacións nas últimas xornadas, o primeiro equipo afronta o obxectivo de atopar o camiño cara á vitoria no seu propio feudo, Balaídos. O conxunto celeste enfróntase na décimo terceira data ligueira ao Rayo Vallecano (sábado, 22:00 horas) que, a pesar de converterse no ‘faroliño vermello’ tras a súa axustada derrota ante o Real Madrid, é unha escuadra que demostrou ser un rival moi difícil de superar. O apoio do celtismo na bancada, constante e exemplar, será indispensable unha vez máis para insuflar aos xogadores célticos dunha motivación extra, algo que á afección celeste dáselle moi ben.

 

Para este partido o club mantén os prezos de anteriores partidos ligueiros no estadio vigués. Os adultos poden adquirir entradas de 25 a 50 euros, mentres que os afeccionados máis novos poden acudir a este encontro por prezos desde tan só 15 euros. O club anima a todos os afeccionados e abonados a acudir a Balaídos para empuxar ao equipo cara á súa primeira vitoria en casa esta tempada e a unirse no himno ‘a capella’ e ao corear a aliñación celeste.

 

As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou nos despachos de billetes do estadio o sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 até o inicio do encontro. Ademais as entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semanawww.celtavigo.org/taquillaCelta  

 

 

ENTRADAS

ADULTO

SUB 24

TRIBUNA

50

NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

40

25

RÍO BAIXO

40

25

PREFERENCIA

35

15

GOL

25

15

MARCADOR

25

15

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas