Os afeccionados que se den de alta na Campaña de Abonados Anual 2014 poderán asistir a este envite
Balaídos despídese do ano cun intenso partido entre Celta e Osasuna. O celtismo terá a oportunidade de celebrar o seu particular ‘fin de ano’ no seu estadio con motivo da última xornada do 2013 (domingo 22 de decembro, 21:00 horas). O empuxe da afección nas bancadas volverá ser clave para achegar ao equipo cara á vitoria, tres puntos que deixarían un bo sabor de boca antes do parón do Nadal.
Para esta xornada o club mantén unha vez máis os prezos das entradas, que oscilan entre 25 e 50 euros na categoría adulto e entre 15 e 25 euros na categoría Sub-24. As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, o sábado nos despachos de billetes do estadio co mesmo horario e o domingo de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. Ademais as entradas están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillacelta
Por outra banada, a Campaña Anual de Abonados continúa adiante cunhas atractivas vantaxes. Os afeccionados que se dean de alta antes do partido ante o Osasuna non terán que esperar ao 2014 para acudir a Balaídos e poderán comezar a utilizar o seu carné desde ese mesmo partido. O club anima a que os seguidores celestes tramiten as súas renovacións con previsión, antes do 25 de decembro, para evitar aglomeracións e beneficiarse das condicións especiais.
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |