Hemeroteca club

Miguel Torrecilla despídese do Celta nunha emotiva comparecencia

RC Celta

torrecilla020516.jpg

 

O ata agora director deportivo do Real Club Celta, Miguel Torrecilla, despediuse esta mañá do club nunha emotiva rolda de prensa celebrada no estadio de Balaídos. O presidente Carlos Mouriño acompañou a Torrecilla e dedicoulle unhas palabras antes da intervención do salmantino: “Sempre nos terás como amigos, sempre terás ao club e á familia do Celta aquí. Desexámosche os mellores éxitos”.

 

Torrecilla explicou que a súa decisión de abandonar a entidade viguesa débese a un fin de ciclo, que coincide co regreso do equipo a competición europea: “Entendo a que cheguei a este club e que consumar unha traxectoria coa entrada en Europa faime sentir que o traballo pola miña banda está feito”. O ex director deportivo celeste expresou a súa satisfacción polo intensos sete anos vividos en Vigo e, durante case dez minutos, transmitiu o seu agradecemento aos distintos xogadores e técnicos cos que coincidiu, a cada empregado dos distintos departamentos do club, aos directores, ao consello e ao presidente, así como á súa familia, presente no acto de despedida, e á afección céltica.

 

O club agradece a Miguel Torrecilla a súa dedicación, esforzo e traballo e deséxalle o maior dos éxitos na súa nova etapa profesional.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas