As cantinas do estadio engaden á súa oferta este produto desde esta mesma fin de semana
Os seguidores celestes que acudan ao encontro ante o Getafe poderán gozar nos prolegómenos do envite dunha degustación de café Mocay por cortesía de Calidad Pascual, Catering Don Pepe e o RC Celta.
As cantinas do estadio, que a partir deste sábado engaden á súa oferta este produto, servirán café Mocay sen custo algún para os afeccionados entre as 17:00 e as 17:30 horas, unha boa ocasión para acudir con antelación a Balaídos e crear un ambiente celtista desde unha hora antes do inicio do partido. Ademais, para non perder detalle da xornada, as pantallas de televisión instaladas esta tempada nas cantinas emitirán en directo o encontro entre Real Madrid e Elche CF, rival do Celta a próxima semana.
Esta acción destinada aos abonados e espectadores de Balaídos desenvólvese no marco do acordo asinado recentemente entre o Real Club Celta e Qualianza, empresa de distribución de Calidad Pascual que ofrece unha gran variedade de produtos alimentarios ao club vigués para o seu uso en, por exemplo, o comedor do primeiro equipo, a zona de empresas.