A fantástica resposta das empresas galegas á campaña solidaria ‘100 Anos – 100 Toneladas’, posta en marcha con motivo do Centenario do club pola Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo, viviu un novo e emotivo episodio. Ambas as entidades recibiron unha tonelada de conservas doada pola emblemática firma galega Ignacio González Montes, quen, ademais de posuír un envexable carácter emprendedor, foi un notable defensa no RC Celta que logrou o primeiro ascenso da súa historia.
Esta contribución súmase á recibida días atrás por Profand e supón un gran impulso a unha ambiciosa campaña que permitirá que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo apoie a preto de 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade a través de máis de 150 ONG e entidades homologadas coas que traballa na provincia de Pontevedra.
Ignacio González Montes leva case un século fabricando conservas de peixe coa aspiración de alcanzar a combinación da máxima calidade e múltiples prestacións ao cliente e ao consumidor final.
A conserveira, liderada pola terceira xeración, con Juan González-Montes Portela (Presidente e CEO) e Dora González-Montes Portela dirixindo a administración da empresa, distínguese pola súa capacidade para adaptarse ás necesidades de clientes e consumidores, pola súa axilidade na resposta e sobre todo pola súa innovación constante na liña de produtos e o sistema de xestión. Ademais, a expansión internacional dos últimos anos situou á empresa nunha situación de predominio nos mercados de Portugal, Africa ou países árabes.
O seu fundador, Ignacio González Montes, foi xogador do RC Celta durante cinco tempadas e converteuse nun referente da zaga celeste durante case un centenar de partidos. Na súa última campaña, 1935/36, Montes logrou co equipo o ansiado ascenso a Primeira División, posposto pola guerra civil.