Hemeroteca club

Mouriño destaca a gran traxectoria de Miñambres, quen chega para “axudar ao Celta a seguir crecendo”

RC Celta

presen_felipe_3616.jpg

 

O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, presentou esta mañá a Felipe Miñambres como novo director deportivo do RC Celta cunha breve descrición da súa etapa como xogador, adestrador e director deportivo e destacou que “ten unha gran traxectoria en todos os seus aspectos deportivos” . Miñambres, quen asinou por dúas tempadas, destacou que “estou contento de chegar a Vigo, é un reto, unha nova experiencia e estou aquí para axudar en todo o que poida e para pór o meu granito de area para que o Celta siga crecendo e sexa mellor cada día”.

 

“Quero agradecer ao presidente e ao Celta o confiar en min para asumir a dirección deportiva”, precisou o director deportivo celeste, quen aclarou que “levaba un tempo pensando na saída do Rayo. Era o momento de cambiar e ter un novo rumbo”.

 

“Xogar Europa é unha alegría. É moi bonito chegar e que o equipo se gañase un sitio en Europa. É unha boa oportunidade para axudar á xente que logrou este obxectivo”, engadiu Miñambres, quen subliñou que “creo, como di o presidente habitualmente, que o Celta non é só un equipo senón que é un club e está a experimentar un crecemento estrutural en moitos aspectos”.

 

Tras indicar que “transmítenme que se segue pensando en crecer e mellorar e iso é algo que me move”, apuntou que “este é un reto bonito e é unha oportunidade para todos os que traballamos no Celta para conseguir máis e chegar máis lonxe. Temos ante nós unha nova oportunidade para que o club siga crecendo”.

 

“O Celta, antes de falar comigo falou co club para mostrar o seu interese, que lle pediu que esperase a que acabase a liga” , comentou dl director deportivo celeste, quen afirmou que “o fútbol base ilusióname, gústame e xa o traballei antes noutros clubs. Cuantos máis xogadores podamos sacar da canteira, moito mellor para todos”.

presen_felipe_1_3616.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas