Hemeroteca club

Mouriño: “O novo campo xa é unha realidade”

RC Celta

conveniodeputacion151214.jpg

A Deputación confirma partidas para o Novo Balaídos durante a sinatura do convenio coa Fundación

 

“O campo xa é unha realidade”, asegurou Carlos Mouriño, presidente do RC Celta, tras o anuncio da Deputación de Pontevedra. O presidente da entidade provincial, Rafael Louzán, confirmou que nos orzamentos de 2014 e de 2015 figuran dúas partidas destinadas á reforma do estadio de Balaídos. “Con cargo ao orzamento de 2014 hai unha dotación de 1,36 millóns de euros e no orzamento xa aprobado para 2015 una de 3,06 millóns de euros”, asegurou Louzán.

 

Rafael Louzán fixo entrega ao presidente celeste dos documentos que certifican a dispoñibilidade económica da Deputación de Pontevedra para levar a cabo a remodelación do estadio vigués, unha noticia que Carlos Mouriño cualificou como “a confirmación definitiva de que o campo se vai a facer”. “Para nós é determinante que agora empecemos a traballar no convenio colectivo e que todos xuntos poñamos datas e movementos”, declarou o presidente do club olívico.

 

Carlos Mouriño confirmou que “se todo vai ben o Celta empezará a facer obras en xaneiro na bancada de Tribuna, o cal nos levará a ter que redistribuír aos afeccionados de Preferencia”. O dirixente celeste engadiu que “debemos sentirnos orgullosos, moi contentos e moi felices. Doulle as grazas á Deputación porque este é o documento que necesitabamos para poder levar este proxecto adiante”.

 

A Fundación e a Diputación renovan o seu convenio de colaboración

A Fundación Celta de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá na Madroa a renovación do seu convenio de colaboración para a promoción do deporte de base. O presidente do Celta e máximo responsable da Fundación, Carlos Mouriño, agradeceu á Deputación “o seu apoio e axuda que se rubrica coa firma deste acordo, similar ao de anos anteriores pero con apartados adicionais que nos favorecen aínda máis. Estamos tremendamente agradecidos”.

 

Pola súa banda o presidente da Deputación, Rafael Louzán, adiantou que “asinar este convenio vai permitir que a Fundación Celta, ademais de recibir a colaboración habitual, benefíciese de dous eventos por confirmar que patrocinaremos”. O mandatario provincial tamén quixo destacar o “éxito” do proxecto de fútbol basee céltico: “A aposta firme que o presidente fixo pola canteira é hoxe unha realidade que hoxe esperta envexa sa noutros clubs”.

 

Este convenio representa un importante referendo ao labor da Fundación Celta, que cada ano dedica grandes esforzos a potenciar a canteira celeste, así como á organización de escolas deportivas, clinics e campus. Ao acto de firma tamén asistiron o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, e o vicepresidente da Deputación, José María Figueroa.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas