Os capitáns celestes Hugo Mallo e Gustavo Cabral protagonizaron na tarde deste martes varios encontros con afeccionados en diferentes superficies comerciais de Vigo. Os seguidores tiveron a oportunidade de coñecer en persoa aos dous xogadores célticos, ademais de conseguir os seus autógrafos e sacarse fotos con eles.
Con esta acción, organizada polo RC Celta e Coca-Cola en colaboración con Alcampo Vigo e Carrefour Vigo con motivo do derbi galego do sábado, o club continúa traballando para achegar o equipo aos afeccionados, cuxa unión foi e é unha das claves do crecemento deportivo e institucional da entidade.