DSC05771
Novas club

Muñi, nova incorporación de As Celtas

RC Celta

Sara Álvarez (1 de abril de 2003), máis coñecida como Muñi, únese ás filas de As Celtas para reforzar a zaga celeste.

Orixinaria do Rosal, Pontevedra, a nova defensa de 21 anos tivo unha traxectoria notable en diversos equipos. Comezou a súa carreira no UD Ribeira en 2009, onde xogou ata a tempada 2017/2018. Posteriormente, uniuse ao Unión Guardesa, compaxinando fútbol once con fútbol sete durante unha tempada. Na campaña 2018/2019, pasou a formar parte do SCD Atlántida de Matamá, para logo xogar dúas tempadas no RC Deportivo, seguidas doutras dúas no Sárdoma de Vigo CF. O curso pasado militou no Viaxes Interrías e agora chega a As Celtas co obxectivo de revolucionar o xogo celeste.

O talento e a relevancia de Sara en cada un dos seus equipos valéronlle para ser internacional coa Selección Española sub16 e sub17, así como coa Selección Galega desde a categoría sub12 ata sub18.

As Celtas confía plenamente na forza e solidez que achegará á defensa do equipo.

Benvida, Muñi!

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas