20240115_EG_RenatoTapia-2
Celtismo

Renato Tapia, gañador do premio Estrella Galicia ao mellor xogador celeste de decembro

RC Celta

Renato Tapia foi recoñecido co Premio Estrella Galicia ao Mellor Xogador do Mes de decembro, grazas ao respaldo da afección celeste nunha votación na que superou a Jørgen Strand Larsen e Vicente Guaita.

O destacado desempeño do peruano ao longo dos 360 minutos disputados en decembro, co seu bo traballo defensivo e visión de xogo, valéronlle o seu primeiro Premio Estrella Galicia da tempada.

Ao recibir o galardón, Tapia expresou o seu agradecemento dando as “grazas a Estrella Galicia e a toda a afección que votou por min. Creo que, sen o esforzo do equipo, non só futbolísticamente senón moral, non puidese lograr isto”. “Foron uns meses moi duros, pero sempre souben que o esforzo e a dedicación levaría a un momento así. Sei que isto non é o máis importante, pero sempre está ben o recoñecemento.”, concluíu o defensa celeste.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas